martes, 30 de enero de 2018

DÍA DA PAZ

Hoxe no C.E.I.P Plurilingüe de Domaio Celebramos o Día da Paz e a non Violencia cun acto precioso.
Durante a semana,  construímos un mural co lema "PASO A PASO MEDRAMOS EN PAZ" onde plasmamos os nosos brazos decorados. Tamén cada clase traballou unha das propostas do noso decálogo para crecer en paz, que despois de presentalas no noso acto, foron a ocupar os chanzos das escaleiras, para poder lelos todos os días antes de comezar o noso traballo diario.
Ademais este ano cantamos un " PUPURRÍ"  de cancións da Paz, que resultou fantástico.

GRAZAS  A TODAS E TODOS POLO VOSO TRABALLO !!!











No hay comentarios:

Publicar un comentario